Saltar ao contido
ASAMPO Amigos da Pontevedrada

Regala vida

Pontevedra-DA

O sangue non ten fronteiras.

O Concello de Pontevedra, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a Asociación de Venezolanos en Pontevedra (ASOVEDRA-GALICIA ACTIVA) e a Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) puxeron en marcha a iniciativa Pontevedra-DA, o sangue non ten fronteiras, unha acción conxunta destinada a fomentar a doazón de sangue e reforzar o compromiso social coa saúde pública.

O obxectivo é claro: contribuír activamente a unha causa imprescindible para atender unha das necesidades sanitarias máis importantes da nosa sociedade.

A doazón de sangue é un xesto sinxelo que salva vidas e garante a atención médica en hospitais e centros sanitarios. Baixo o lema «Porque o sangue non ten nacionalidade e a solidariedade tampouco», as entidades organizadoras fan un chamamento a toda a cidadanía: veñas de onde veñas, o teu sangue pode salvar vidas. A saúde constrúese entre todas as persoas.

Con esta iniciativa o Concello, ADOS, ASOVEDRA e ASAMPO reafirman o seu compromiso coa integración, animando a cidadanía a sumarse a esta xornada solidaria e demostrar que Pontevedra é unha cidade que DÁ.

As imaxes dentro do autobús foron autorizadas polos participantes. Grazas.

Galería