Regala vida
Asociacións amigas
«Se queres chegar rápido, camiña só. Se queres chegar lonxe, camiña en equipo.»
Entendemos que só unindo forzas poderemos alcanzar os nosos obxectivos, que non son outros que os de mellorar a calidade de vida das persoas e salvar vidas.
Por este motivo, encántanos colaborar con asociacións con fins benéficos coas que uns e outros poidamos seguir crecendo.
-
Adicam
Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama
ADICAM é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2000; nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar.
Ir ao sitio de Adicam (ábrese nunha pestana nova) -
AGAELA
Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica
A asociación galega de afectados de esclerose lateral amiotrófica, AGAELA, é unha entidade sen ánimo de lucro que opera en todo o territorio galego e que ten como principais obxectivos: 1) A prestación de apoio e axuda a todos os afectos de ELA e aos seus familiares. 2) A promoción da investigación para atopar unha cura a esta enfermidade. A asociación está composta por máis de 400 socios e ríxese por unha directiva elixida anualmente en asamblea xeral.
Ir ao sitio de AGAELA (ábrese nunha pestana nova) -
AMENCER-ASPACE
Asociación de Nenos con Parálise Cerebral
En 1991 un grupo de pais e nais de nenos e nenas con parálise cerebral xuntámonos para constituír a Asociación, co ánimo de crear os recursos especializados necesarios para poder prestar atención aos nosos fillos e fillas e a todas as persoas con esta patoloxía.
Ir ao sitio de AMENCER-ASPACE (ábrese nunha pestana nova) -
Amizade
Asociación de Personas con Discapacidade
Amizade é unha asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra que ten como misión principal conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. Somos unha entidade non gubernamental, que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional e apartidista.
Ir ao sitio de Amizade (ábrese nunha pestana nova) -
Anedia
Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia
Somos un grupo de familias que vivimos coa diabete, aprendemos a pór insulina, a calcular racións, a coñecer a diabete, a convivir con ela. Cando saímos do hospital, despois do debut, non nos sentimos preparados, temos moitas preguntas, novos trebellos, novas palabras.
Ir ao sitio de Anedia (ábrese nunha pestana nova) -
ASSEII
Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal
É unha asociación sen ánimo de lucro plural, aberta e participativa, cuxa maior preocupación é a defensa dos dereitos e a calidade de vida dos enfermos con inflamatoria intestinal, dos seus familiares e do seu contorno social. Está declarada entidade de carácter social. Foi creada o 18 de xullo de 2013 na cidade de Pontevedra e o ámbito de actuación preferente é o galego.
Ir ao sitio de ASSEII (ábrese nunha pestana nova) -
Organización Xoga
Organización de Xordos de Galicia
Somos unha organización que trata de axudar ao colectivo de sordos de Galicia mediante: servizo de asesoramento a persoas con discapacidade sensorial (xordas, con perda auditiva ou xordocegas), familias, profesionais e administracións públicas e privadas; instalación de axudas técnicas; formación en lingua de signos; e servizos de interpretación e guía-interpretación a lingua de signos e viceversa.
Ir ao sitio de Organización Xoga (ábrese nunha pestana nova) -
Pedaladas
Asociación para a Defensa dos Ciclistas
Asociación sen ánimo de lucro para a promoción da bicicleta e a defensa dos ciclistas e os seus intereses principalmente en Pontevedra e entorno.
Ir ao sitio de Pedaladas (ábrese nunha pestana nova) -
Libélulas
Libélulas BCS Pontevedra
Nas augas do río Lérez, en Pontevedra, navega un equipo que converteu o deporte nunha poderosa ferramenta de sanación. Son as Libélulas do Naval, un grupo de mulleres BCS (Breast Cancer Survivors ou supervivintes de cancro de mama) que forman parte da sección de Dragon Boat do Club Naval de Pontevedra. A súa actividade principal é o remo en «Barco Dragón», unha disciplina milenaria chinesa que nas últimas décadas se converteu nun referente mundial para a recuperación tras o cancro de mama. O seu lema: «O barco que derrota o cancro».
Ir ao sitio de Libélulas (ábrese nunha pestana nova) -
Apropark
Asociación Párkinson Provincia de Pontevedra
Na provincia de Pontevedra, a Asociación Párkinson (APROPARK) érguese como un farol de apoio e esperanza para quen convive con esta enfermidade. Con máis de 20 anos de traxectoria, esta entidade sen ánimo de lucro está dedicada a mellorar o benestar das persoas afectadas polo Párkinson, así como o dos seus familiares e coidadores, a través de terapias especializadas e un apoio humano constante nas súas sedes de Bueu, Pontevedra e Vilagarcía.
Ir ao sitio de Apropark (ábrese nunha pestana nova)