Saltar ao contido
ASAMPO Amigos da Pontevedrada

Regala vida

Bolsa dos Desexos

Os desexos recollidos nos nosos eventos viaxan a Santiago de Compostela.

A bolsa dos desexos nace en 2020 substituíndo a iniciativa «Desexos ao ceo», que consistía nunha solta de 100 globos con unhas bolsas atadas a eles, onde se atopaban os desexos que nos deixaban nas nosas mesas informativas. Debido á contaminación ambiental que ocasionaba, esta iniciativa substituíuse pola bolsa dos desexos.

A bolsa dos desexos consiste en ir recollendo desexos nos eventos que organiza ASAMPO ao longo do ano.

A principios de ano, en xaneiro ou febreiro, a bolsa trasládase a Tui e desde alí, a relevos, integrantes e voluntarios de ASAMPO lévana a Santiago de Compostela en 25 horas continuadas, onde se deposita nunha canastra que se atopa na Capela da Corticela, no interior da Catedral. Nalgún momento alguén recolle eses papeis onde están escritos os desexos e utilízanse para acender o botafumeiro.